Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.829

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CINCO DA CORUÑA

EDICTO (697/2000).

Carmen Iglesias Fungueiro, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número cinco da Coruña, fago saber:

En cumprimento do acordado por providencia dictada con esta data no procedemento xudicial de or. suma. hip. artigo 131 L. hipot. número 00697/2000 instado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, representado polo letrado da Xunta de Galicia contra

Antonio Carro Castro e Elvira Ramos Veiga anúnciase por medio do presente edicto a venda en poxa pública e por un termo de vinte días do seguinte predio:

-Predio nº 17.736, vivenda nº 14 do edificio número 1 sobre soar no lugar de Condesa de Betanzos; cun prezo de taxación pericial que servirá de tipo para a poxa de 7.554.974 pesetas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado o día 15 de febreiro de 2002 ás 13 horas conforme as seguintes condicións:

Primeira.-Que o tipo da poxa é de 7.554.974 pesetas pactado na escritura de constitución da hipoteca.

Segunda.-Que a certificación rexistral e, de se-lo caso, a titulación sobre o inmoble ou inmobles que se suxeitan a poxa están de manifesto na secretaría.

Terceira.-Que se entenderá que todo licitador acepta como bastante a titulación existente.

Cuarta.-Que as cargas ou gravames anteriores, se os houbese, ó crédito do actor continuarán subsistentes e que, polo feito de participar na poxa, o licitador os admite e acepta quedar subrogado na responsabilidade derivada daqueles, se o remate se adxudicase ó seu favor.

Quinta.-Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán identificarse de forma suficiente, declarar que coñecen as condicións xerais e particulares da poxa e depositar previamente o trinta por cento do valor do ben. O depósito efectuaranse na conta de consignacións e depósitos deste xulgado.

Sexta.-Se a mellor postura fose igual ou superior ó setenta por cento do valor polo que o ben saíra a poxa, o tribunal, segundo auto, o mesmo día ou ó día seguinte, aprobará o remate en favor do mellor licitador. No prazo de vinte días, o rematante consignará na conta de consignacións e depósitos a diferencia entre o depositado e o prezo total do remate.

Séptima.-Se fose o executante quen fixese a mellor postura igual ou superior ó setenta por cento do valor polo que o ben saira a poxa, aprobado o remate, a secretaria xudicial liquidará o que se deba por principal, xuros e costas e, notificada esta liquidación, o executante consignará a diferencia, se a houber.

Oitava.-Se só se fixeran posturas superiores ó setenta por cento do valor polo que o ben saíra a poxa, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo aprazado, faranse saber ó executante quen, nos vinte días seguintes, poderá pedi-la adxudicación do inmoble polo setenta por cento do valor de saída. Se o executante non fixese uso deste dereito, aprobarase o remate en favor da mellor das licitacións, coas condicións de pagamento e garantías ofrecidas nela.

Novena.-Cando a mellor postura ofrecida na poxa sexa inferior ó setenta por cento do valor polo que o ben saíra a poxa, poderá o executado, no prazo

de dez días, presentar terceiro que mellore a oferta ofrecendo cantidade superior ó setenta por cento do valor de taxación ou que, aínda que inferior ó dito importe, resulte suficiente para logra-la completa satisfacción do dereito do executante.

Transcorrido o indicado prazo sin que o executado realice o previsto no parágrafo anterior, o executante poderá, no prazo de cinco días, pedi-la adxudicación do inmoble polo setenta por cento do dito valor ou pola cantidade que se lle deba por tódolos conceptos, sempre que esta cantidade sexa superior á mellor oferta.

Cando o executante non faga uso desta facultade, aprobarase o remate en favor do mellor posto, sempre que a cantidade ofrecida supere o cincuenta por cento do valor de taxación ou, sendo inferior, cubra, alomenos, a cantidade pola que se despachase a execución, incluíndo a previsión para xuros e costas. Se a mellor oferta non cumprise estes requisitos, S.Sª oídas as partes, resolverá sobre a aprobación do remate á vista das circunstancias do caso e tendo en conta especialmente a conducta do debedor en relación co cumprimento da obriga pola que se procede, as posibilidades de logra-la satisfacción do acredor mediante a realización doutros bens, o sacrificio patrimonial que a aprobación do remate suponga para o debedor e o beneficio que dela obteña o acredor.

Décima.-En calquera momento anterior á aprobación do remate ou da adxudicación ó acredor, poderá o debedor libera-los seus bens pagando integramente o que se deba ó executante por principal, xuros e costas.

Décimo primeira.-Se no acto da poxa non houbese ningún licitador, o acredor poderá pedi-la adxudicación dos bens polo cincuenta por cento do seu valor de taxación ou pola cantidade que se lle deba por tódolos conceptos.

Décimo segunda.-O executante non necesita consignar cantidade ningunha, pero só poderá mellorar ofertas, e só el poderá cede-lo remate a terceiro.

Décimo terceira.-Que o inmoble está ocupado polos demandados.

Décimo cuarta.-As ofertas poden facerse por escrito, en prego pechado, deste o anuncio da poxa ata a súa celebración.

Décimo quinta.-Que tratándose dunha vivenda sometida ó réxime de protección oficial, a súa adxudicación, aínda que sexa en poxa, só se lles pode facer ás persoas que reúnan os requisitos establecidos no Decreto 98/1992, do 26 de marzo (DOG nº 80, do 28 de abril), sobre adxudicación de vivendas de promoción pública, que basicamente son:

-Acreditar uns ingresos ponderados anuais totais ou inferiores a 2,5 veces o salario mínimo interprofesional (artigo 10.1º 1 do decreto).

-Residir habitualmente ou te-lo posto de traballo no municipio onde estan situadas as vivendas (artigo 10.1º 2).

-Carecer de vivenda en calidade de propietario, inquilino ou usufructuario, ou atoparse nalgunha das circunstancias sinaladas no artigo 10.1º 3 do referido decreto.

A Coruña, 22 de outubro de 2001.

A secretaria

Rubricado