Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.828

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (195/2001-L).

A secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña fai saber que nos autos que a seguir se dirán consta dictada sentencia, cun encabezamento e decisión que son do seguinte teor literal:

«Sentencia.

A Coruña, dezanove de setembro de dous mil un.

Pablo González-Carreiró Fojón, maxistrado xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia número un dos da Coruña, viu estes autos de xuízo verbal nº 195/2001-L, sobre desafiuzamento, promovidos polo procurador José Antonio Castro Bugallo, en nome e representación de Margarita Herrero García, con DNI 32378000, maior de idade, veciña desta cidade, con domicilio na rúa Eladio Rodríguez nº 25, 4º D, defendida polo letrado José Antonio Andrade Figueiras, contra Marcos García Rey, con DNI

53161567, con domiclio actualmente descoñecido, motivo polo cal foi citado por medio de edictos, en situación procesual de rebeldía. Recaeu esta resolución con base nos seguintes.

Decido que, estimando integramente a demanda deducida polo procurador José Antonio Castro Bugallo, en nome e representación de Margarita Herrero García, que á súa vez en representación de Pedro Herrero Martínez, contra Marcos García Rey, en situación procesual de rebeldía, declaro resolto por falta de pagamento da renda o contrato de arrendamento que ligaba as partes, sobre o piso terceiro da casa nº 11 da rúa Vista Alegre desta cidade. Condeno o demandado a que desaloxe e deixe libre a expresada vivenda, baixo apercibimento de proceder ó seu lanzamento se así non o fixer. Igualmente condeno o demandado a que lle satisfaga á demandante a suma de 135.000 pesetas en concepto de rendas vencidas e non pagadas na data da presentación da demanda (decembro de 2000, xaneiro e febreiro de 2001) e as demais rendas que con posterioridade vencesen ou venzan ata que se lle faga entrega efectiva da vivenda á demandante, a razón de 45.000 pesetas mensuais. Impóñolle á parte demandada as custas

causadas nesta instancia.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, que deberá prepararse ante este xulgado dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 457 e ss. da Lei de axuizamento civil 1/2000, do 7 de xaneiro. Non se lle admitirá ningún recurso á parte demandada se, ó preparalo, non manifesta, acreditándoo por escrito, ter satisfeito as rendas vencidas e as que conforme o contrato deba pagar adiantadas.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E expídese este edicto para que lle sirva de notificación en legal forma á parte demandada en ignorado paradoiro.

Dado na Coruña, o dezanove de setembro de dous mil un.

A secretaria

Rubricado