Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.817

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de outubro de 2001 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria de Fisterra (A Coruña).

Tendo en conta o artigo 3, punto 1º do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba

o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156, do 9-8-1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Fisterra.

Localidade: Fisterra.

Código do centro: 15027915.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Fisterra.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Fin do Camiño.