Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.817

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000361/2000, interposto polo Comité de Empresa do Persoal Laboral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña contra o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 39, do 25 de febreiro) polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estase a tramitar recurso contencioso-administrativo nº 01/0000361/2000, interposto polo Comité de Empresa do Persoal Laboral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de febreiro de 2000 (DOG nº 39, do 25 de febreiro) polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo referido ó tribunal, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días a contar desde o día seguinte da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2001.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública