Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 19 de novembro de 2001 Páx. 14.818

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da corrección de erros do convenio colectivo da empresa Peugeot Citroën Automóviles España, S.A.

Visto o escrito da empresa Peugeot Citroën Automóviles España, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24 de setembro de 2001, no que manifestan que houbo un erro na resolución pola que se acordaba a inscrición, depósito e publicación do convenio colectivo do seu centro de traballo en Vigo (publicado no DOG nº 106, do 1-6-2001), concretado na manifestación de que pola parte social o dito convenio foi subscrito polo comité de empresa e as centrais sindicais, cando debería dicir polos sindicatos, Sindicato Independente de Traballadores en Citroën en Pontevedra (SITC), Unión Xeral de Traballadores (UGT), e Confederación Intersindical Galega (CIG), tal como aparece reflectido no artigo 1 do seu texto.

Que ó abeiro do disposto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), as administracións públicas poderán, así mesmo, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito

ou aritméticos existentes nos seus actos, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Rectifica-lo erro material producido na resolución desta delegación provincial do 23 de abril de 2001, pola que se acorda a inscrición, depósito e publicación do devandito convenio, na forma explicitada.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Terceiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Cuarto.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 24 de setembro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra