Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 16 de novembro de 2001 Páx. 14.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 25 de outubro de 2001, acordou a contratación, mediante poxa con trámite de urxencia, das obras que se sinalan, expoñéndose simultaneamente o seu prego durante 8 días, co anuncio da licitación de conformidade co artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, para o contrato das características que se sinalan a seguir:

Cadro de características do contrato.

1. Proxecto: reparación de camiño da Tilleira.

2. Tipo de licitación: 15.403.295 pesetas (92.575,67 A).

3. Partida: 461.

4. Prazo de execución: 3 meses.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Lugar de presentación das proposicións e información: rexistro xeral do Concello de Xove (Camiño Real, s/n, 27870 Xove). Facilitarase, así mesmo, copia do prego de condicións en persoa, por correo, correo electrónico (xove*fegamp.es) ou telecopia (982 59 21 54).

7. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais desde a última publicación no BOP de Lugo ou no DOG.

8. Fianza provisional: 308.066 pesetas (1.851,51 A).

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: obra cofinanciada co MAP, incluída no Real decreto lei 6/2001.

Xove, 5 de novembro de 2001.

Jesús López González

Alcalde

Manuel Díaz Sánchez

Secretario