Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 16 de novembro de 2001 Páx. 14.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de poxa, por procedemento restrinxido.

Por acordo do Pleno da Corporación Municipal do 27 de setembro de 2001, foi aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares para a venda, mediante poxa restrinxida, dun ben patrimonial, propiedade do Concello de Vilagarcía de Arousa, parcela edificable de 450 m, sita no lugar da Florida, con fronte a unha rúa de nova apertura prevista no PXOM.

Tipo de licitación: fíxase como tipo mínimo de licitación o de 37.733.470 pesetas. A mellora realizarase á alza con respecto ó tipo de licitación.

O adxudicatario estará obrigado a aboa-lo IVE correspondente.

Fianza provisional: fíxase en 754.669 pesetas.

Exposición do expediente: na secretaría do concello, tódolos días laborables, durante as horas de oficina, agás o sábado.

Prazo e lugar de presentación das proposicións: na secretaría do concello de 9.30 a 13.30 horas, durante o prazo de 26 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Apertura de plicas: na casa do concello, ás 12 horas do 5º día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de propostas.

Proposicións: deberán presentarse conforme o modelo que consta no prego de cláusulas administrativas particulares.

Condicións dos licitadores e documentos que hai que presentar: os licitadores deberán cumpri-las condicións que figuran na cláusula II e deberán presenta-la documentación que figura na cláusula VIII no prego de cláusulas administrativas particulares.

Vilagarcía de Arousa, 18 de outubro de 2001.

Joaquín J. Gago López

Alcalde