Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 16 de novembro de 2001 Páx. 14.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da producción das carrozas e palco da cabalgata de reis do ano 2002 no Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Animación Cultural e Festas. Nº de expediente: 7094/331.

2. Obxecto do contrato: descrición: produción das carrozas e palco da cabalgata de reis do ano 2002 en Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: entrega antes do 28-12-2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 7.500.000 de pesetas (45.075,91 euros).

5. Garantías: provisional: non se esixe.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: no se admiten.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 8 de novembro de 2001.

Carlos Alberto González Príncipe

Alcalde accidental