Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 16 de novembro de 2001 Páx. 14.800

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN ROF CODINA

ANUNCIO do 9 de novembro de 2001 polo que se fai pública a convocatoria para a contratación de dous facultativos veterinarios para a Fundación Rof Codina (FRC).

Por resolución da Dirección Xerencia da Fundación Rof Codina anúnciase concurso público, a través de expediente ordinario, para a contratación de dúas prazas de facultativos veterinarios con perfil médico-cirúrxico e anestesioloxía en équidos e bóvidos para o FRC. O prazo de recollida das bases e presentación das solicitudes rematará o vixésimo primeiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio. Para consulta-las bases, solicitar información e presenta-la documentación, os interesados deberán dirixirse á Fundación Rof Codina, estrada da Granxa, s/n, 27002 Lugo. Teléfono: 982 28 59 28. En Lugo, 9 de novembro de 2001.

Luis Felipe de la Cruz Palomino

Director xerente da Fundación Rof Codina