Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 16 de novembro de 2001 Páx. 14.763

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de outubro de 2001 pola que se adxudican axudas económicas para as corporacións locais que sexan titulares de escolas-fogar.

Por Orde do 14 de xuño de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 27 de xuño), convócanse axudas económicas para as corporacións locais que sexan titulares de escolas-fogar e regúlase o seu outorgamento no presente exercicio económico.

A comisión constituída segundo establece o punto quinto da orde da convocatoria, en reunión celebrada o día 2 de outubro de 2001, acordou propoñe-la adxudicación das ditas axudas, por tanto, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicarlles axudas ós concellos titulares de escolas fogar solicitantes que se relacionan no anexo I desta orde, nas contías que se indican.

Segundo.-Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiaros presentarán antes do 15 de novembro de 2001, a completa xustificación dos gastos mediante certificación do órgano que teña atribuídas as facultades de control do cumprimento da finalidade para a que foi concedida a axuda e da aplicación dos fondos destinados para tal efecto.

As xustificacións das axudas serán dirixidas á Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, rúa San Lázaro, nº 107, 15771 Santiago de Compostela.

Cuarto.-Contra esta orde que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano da xurisdicción contencioso-administrativa competente no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Concello de Sarria: 2.552.380 pesetas.

Concello de Monforte de Lemos: 1.647.620 pesetas.