Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 16 de novembro de 2001 Páx. 14.763

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 288/2001, do 8 de novembro, polo que se declara ben de interese cultural, coa categoría de conxunto histórico, a vila de Cambados (Pontevedra).

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural por Resolución do 7 de maio de 2001 (Diario Oficial

de Galicia do 31 de maio) incoou expediente para a declaración de ben de interese cultural a favor da vila de Cambados.

A tramitación do expediente levouse a cabo segundo o establecido na Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e demais disposicións vixentes.

Tendo en conta o disposto no artigo 12 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de novembro de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Declarar ben de interese cultural, coa categoría de conxunto histórico, a vila de Cambados (Pontevedra).

Artigo 2º

A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación escrita contida no anexo I, e no plano recollido no anexo II.

Artigo 3º

Este decreto será notificado ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, ó Concello de Cambados e ós demais interesados no expediente.

Artigo 4º

Este decreto será publicado no Diario Oficial de Galicia e no BOE.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, oito de novembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO I

Comeza a delimitación no punto A, sito na confluencia da rúa Rodas coa Ribeira de Fefiñáns e segue pola ribeira e Paseo da Calzada, incluíndo a alameda, ata o punto B, quebrando cara á avda. de Galicia e continuando desde o seu comezo, polo seu eixe, ata o punto C, onde xira en ángulo recto para envolve-las construccións con fronte á rúa Borrón e a fábrica de conservas e saír ó bordo do mar, punto D. Desde aquí, segue bordeando o núcleo urbano ata o punto E situado a uns 80 metros da última edificación da rúa Alameda Vella. Desde aquí, segue pola rúa Montesacro ata o punto F situado á altura do edificio nº 21. Segue cunha liña quebrada pola

parte posterior dos solares das rúas Montesacro, Valvanera e O Breixiño ata o nº 14 desta última rúa, onde se sitúa o punto G, para continuar ata o nº 3 desa mesma rúa onde quebra en ángulo recto e sae á rúa Valvanera incluíndo a edificación nº 3, punto H. Baixa por esta rúa ata o límite das edificacións nº 6 e 8 para logo atravesar cunha liña quebrada ata a travesía da rúa Barreiro, incluíndo as edificacións nº 8 e 11 e saír á rúa Narciso Pérez, punto I, entre as edificacións nº 3 e 5. Segue pola rúa Narciso Pérez ata o seu encontro coa avda. de Galicia onde xira en dirección noroeste e continúa polo seu eixe ata o punto J situado a 115 metros, pasada a parcela nº 73-75.

Desde aquí atravesa a rúa Santa Margarita incluíndo a capela e a edificación nº 2 desa rúa, punto K, e continúa pola rúa Albariño ata a rúa Nova, punto L, onde xira en dirección leste para continuar pola rúa Os Píos e saír á avda. da Pastora incluíndo os inmobles 1, 3 e 5 da rúa Os Píos e deixando fóra o nº 24 da avda. da Pastora, punto M.

Desde aquí, diríxese cara ó Pazo dos Ulloa, engloba todo o predio e retorna á avda. da Pastora, no seu encontro coa rúa Eduardo Pondal onde se sitúa o punto N. Segue pola rúa Eduardo Pondal e logo pola rúa Os Pazos ata o punto O, situado a 35 metros, para continuar en liña quebrada incluíndo as edificacións con fronte á rúa Os Pazos e á Rúa Carballeira e saír a esta última rúa no punto P. Desde aquí, bordea a parcela da Escola Obradoiro, incluíndoa na delimitación, sae á rúa San Francisco no punto Q e percorre 70 metros en dirección sur ata o seu encontro coa rúa Pontevedra. Descende polo eixe desta última rúa ata a altura do edificio nº 1, onde se atopa o punto R, atravesa a rúa Ourense incluíndo a edificación nº 2 e continúa pola parte posterior do edificio do concello ata saír á avda. Vilariño, punto S.

Xira en dirección leste e chega á avda. de Madrid, continúa polo eixe da avda. de Madrid ata o edificio nº 7 (a casa onde naceu Francisco Asorey), inclúe casa e predio na delimitación e sae á rúa Terra Santa, punto T. Desde aquí, en liña quebrada e abarcando os predios dos inmobles nº 2 a 12 da rúa Real, chega ó límite do predio de Fefiñáns que engloba na súa totalidade xunto coa zona de protección da Torre da Homenaxe e o predio colindante, ata saír á avda. de Vilagarcía onde se atopa o punto U. Percorre 70 metros en dirección sur polo eixe da avenida e atravesa a rúa Carreira onde xira de novo en dirección sur e avanza ata o seu entronque coa avda. da Coruña, punto V. Segue pola avda. da Coruña uns 35 metros ata o límite do campo de fútbol e desde aquí, en liña quebrada sae á rúa Sevilla, punto W, pola parte posterior dos predios dos inmobles con fronte ás rúas San Benito, Fomento e Rianxeira. Desde aquí, seguindo a medianeira dos edificios nº 1 e 3 da rúa Sevilla, e logo en liña

quebrada, atravesa á rúa Celso Emilio Ferreiro, punto X, e descende por esta última rúa ata o seu encontro co inicio da delimitación onde se pecha.