Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 16 de novembro de 2001 Páx. 14.762

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 174/2001, do 29 de xuño, polo que se acepta a cesión a título gratuíto á Comunidade Autónoma de Galicia dunha parcela, no termo municipal de Vigo (Pontevedra), para a construcción dun conservatorio de música.

Advertidos erros no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 143, do 24 de xullo, cómpre face-las seguintes correccións:

No artigo 1º, parágrafo 3º, onde di: «a dita parcela está inscrita no Rexistro da Propiedade nº 3 de Vigo,

no libro 649, folio 176, predio nº 50.641, inscrición 1ª, a favor do Concello de Vigo (Pontevedra)», debe dicir: «a dita parcela está inscrita no Rexistro da Propiedade nº 3 de Vigo, no libro 652, folio 56, predio nº 50.797, inscrición 1ª, a favor do Concello de Vigo (Pontevedra)».