Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Venres, 16 de novembro de 2001 Páx. 14.762

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de novembro de 2001 pola que se nomea a Adela Josefa Rey Abilleira e a Antonio Sánchez Suárez vocais do padroado da Fundación Benéfica Manuel Ventura Figueroa.

Por orde desta consellería, do 2 de novembro de 1995 (DOG nº 213, do 7 de novembro) procedeuse á regulación, con carácter provisional, do padroado da Fundación Manuel Ventura Figueroa, instituído no ano 1784 polos testamenteiros de Manuel Ventura Figueroa patriarca das Indias, arcebispo de Laodicea e Gobernador do Consello e Cámara de Castela.

Restablecida a actividade fundacional e co obxecto de conseguir unha maior funcionalidade para a consecución dos fins fundacionais, fíxose necesario proceder á modificación do padroado regulado pola citada Orde do 2 de novembro de 1995 e en consecuencia dictouse a Orde do 2 de novembro de 2001 (DOG nº 87, do 7 de maio) pola que se modifica a do 2 de novembro de 1995 pola que se nomea con carácter provisional o padroado da fundación.

No artigo único desta orde noméase con carácter provisional o padroado da fundación, correspondéndolle á Consellería da Presidencia e Administración Pública a designación de tres vocais, dos que polo menos dous, serán parentes do fundador.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo único.

Nomear a Adela Josefa Rey Abilleira, en grao de parentesco 2º con 9º co fundador e a Antonio Sánchez Suárez, vocais do padroado da Fundación Benéfica Manuel Ventura Figueroa.

Disposición adicional

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia

e Administración Pública