Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL CONSO-FRIEIRAS

EDICTO.

O Pleno da Mancomunidade aprobou o prego de cláusulas que rexerá o concurso para contratar, por procedemento aberto, tramitación urxente, a subministración de dous vehículos tractores con rozadora.

1. Entidade adxudicadora: Mancomunidade de Municipios Conso Frieiras. Domicilio: avda. Beato Sebastián de Aparicio, nº 76. Teléfono: 988 59 40 06. Fax: 988 42 10 81. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría, onde se poderá obter copia do prego de condicións.

2. Obxecto do contrato: subministración de dous vehículos tractores con rozadora e pa bulldozer e outros equipamentos para os traballos de prevención, defensa e extinción de incendios forestais na Mancomunidade de Municipios da comarca Conso-Frieiras.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación: o prezo establécese na contía máxima de 28.000.000 de pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: o 4% do valor da adxudicación.

6. Presentación de ofertas: dentro dos 8 días naturais contados desde o seguinte ó da data de publicación do anuncio no BOP e no DOG. Se o último día fose inhábil, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

7. Apertura de ofertas: terá lugar no salón de sesións da casa do concello da A Gudiña, ás 12 horas do cuarto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións (agás sábados).

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O que se fai público para dar cumprimento ó establecido no artigo 3226 da Lei 3/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia.

A Gudiña, 2 de novembro de 2001.

Guillermo Lago Pérez

Presidente