Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARDEVÓS

ANUNCIO.

Dando cumprimento ó disposto no artigo 77.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, con relación á disposición adicional 3ª punto 3, exponse ó público polo prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte o da publicación deste anuncio no DOG e nun diario de gran tirada da provincia de Ourense, o expediente obxecto do trámite de excepción para a posterior construcción dun centro de almacenamento de botellas de GLP de 2ª categoría no lugar denominado A Bemposta da Bemposta, na parroquia de Osoño, promovido por Xosé Lois Colmenero Fernández, en nome e representación de Gas Verín, S.L.

Vilardevós, 31 de outubro de 2001.

José Luis Pérez García

Alcalde