Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de compensación da UA V-D PERI IV-05 Aragón-Travesía de Vigo (expediente 4299/401).

Sométese ó trámite de información pública o proxecto de compensación da UA V-D PERI Aragón-Travesía de Vigo, presentado por Antonio Bardelas Crespo, Manuel González González e José Simón Viéitez, como administradores da entidade Bardelas, González y Simón, Comunidad de Bienes, polo prazo de vinte días, mediante inserción de anuncio no DOG, segundo o establecido no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Signifícase que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a data de publicación do devandito anuncio.

A documentación atópase na oficina de información pública da Xerencia Municipal de Urbanismo, sita na planta baixa da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59.4º da Lei de de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resul

taren descoñecidos ou ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 3 de outubro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo