Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle da UA V-D PERI IV-05 Travesía de Vigo/Aragón (expediente 6202/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 28 de xuño de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle da unidade de actuación VD do PERI IV-05 travesía de Vigo-Aragón, de acordo co proxecto presentado polo equipo técnico Barderas, González y Simón C.B. e redactado polo equipo técnico Guillén, Mateos y Llopiz, arquitectos, con planos visados polo

COAG no 18-1-2001, 4-12-2000 e 26-7-200 (expediente 6202/411).

Segundo.-No correspondente proxecto de compensación deberá garantirse o deber de conservación polos propietarios dos novos espacios libres e verdes cedidos ó concello, tal e como perpetúa o punto 3.2.3.5.b) in fine do vixente PXOU-93 (páx. 58 BOP nº 133, do 14 de xullo). No seu defecto, deberá constituírse unha entidade urbanística de conservación para tal fin.

Terceiro.-Notifíquese o presente acordo á entidade promotora do estudio de detalle e demais interesados. Publíquese no BOP e no DOG, con cumprimento dos trámites regulados no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo (LSG).

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 23 de xullo de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo