Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 8 de outubro de 2001, aprobou inicialmente o estudio de detalle da unidade de xestión número 15 (UX-15) de Picaños, promovido por Jesús Couto Iglesias.

O ámbito do estudio de detalle sitúase na beira norte das rúas de Picaños e de Santas Mariñas, no tramo comprendido entre as edificacións sinaladas co número 42 da rúa de Picaños e o número 8 de Santas Mariñas.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2001.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo