Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.756

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO

ANUNCIO.

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, en uso das facultades que lle confire o artigo 40.3º ñ) da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante, modificada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, resolveu

1. Outorgarlle a Astilleros Armón Vigo, S.A., por resolución do 23 de febreiro de 2001, concesión administrativa para ocupar unha superficie de terreo de 70 m aproximadamente para construír un galpón almacén con destino a estaleiro, na avenida Beiramar, dentro da zona de servicio do porto de Vigo.

2. Outorgarlle a Pescados y Mariscos Carfer, S.L., por Resolución do 30 de marzo de 2001, concesión administrativa para ocupar unha parcela de terreo de dominio público portuario na zona de ampliación de superficie do porto pesqueiro, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, para construír unha instalación con destino á elaboración, preparación e comercialización de productos derivados da pesca fresca, así como a viveiros de marisco.

3. Outorgarlle a Lalandi, S.L., por Resolución do 30 de marzo de 2001, concesión administrativa para ocupar unha parcela de terreo de dominio público portuario na zona de ampliación de superficie do porto pesqueiro, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, para construír unha instalación con destino á elaboración, preparación e comercialización de productos derivados da pesca fresca, así como a viveiros de marisco.

4. Outorgarlle a Marcelino Acuña, S.A., por Resolución do 29 de xuño de 2001, concesión administrativa para ocupar unha superficie de lámina de auga e instalacións de dominio público portuario, titularidade da Autoridade Portuaria de Vigo, en Cobres, concello de Vilaboa, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino a estación depuradora de marisco, pantalán e encanamento de aspiración e desaugamento.

5. Outorgarlle a Frigoríficos Oya, S.A., por Resolución do 25 de maio de 2001, autorización para a realización de obras dentro da concesión da súa titularidade, que posúe por O.M. do 3-9-1987 e por resolución do Consello de Administración da APV do 25-9-1998, en Chapela, Redondela, dentro da zona de servicio do porto de Vigo.

6. Outorgarlle a Casa Botas Vda. de J. Martínez Blasco, S.L., por Resolución do 29 de xuño de 2001, concesión administrativa para ocupar unha parcela de terreo de dominio público portuario (2.500 m) na zona de ampliación de superficie do porto pesqueiro, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, para construír unha instalación con destino á elaboración, preparación e comercialización de productos derivados da pesca fresca, así como a viveiros de marisco e cetaria depuradora, incorporando a esta a que ten outorgada pola resolución do Consello de Administración da APV do 26-1-2001, con idéntico destino, que sería anulada e sustituída por esta.

7. Outorgarlle a R, Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A., por Resolución do 29 de xuño de 2001, concesión administrativa para ocupar terreos de dominio público portuario, con destino á construcción de infraestructuras para o despregamento de rede de cable nos peiraos de Bouzas, Beiramar, Transatlánticos, Comercio, Areal e Guixar, dentro da zona de servicio do porto de Vigo.

8. Outorgarlle a Pescamuñoz, S.L., por Resolución do 28 de setembro de 2001, concesión administrativa para a ocupación do local nº 4 do tinglado xeral de venda e empacamento do porto pesqueiro, dentro da zona de servicio do porto de Vigo, con destino á compra, manipulación e exportación de peixes e mariscos.

O que se publica para xeral coñecemento.

Vigo, 4 de outubro de 2001.

Julio Pedrosa Vicente

Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo