Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO para a información pública da aprobación inicial de estudio de detalle.

Aprobado inicialmente por resolución da alcaldía do 18 de outubro de 2001, o proxecto de estudio de detalle denominado estudio de detalle e proxecto

de compensación na UA5 do termo municipal de Oroso, promovido por García Uribelarrea, S.L., redactado pola arquitecto Patricia Pinto Blanco e visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con data do 26 de setembro de 2001, exponse ó público polo prazo de 1 mes contado a partir do día seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Oroso, 18 de outubro de 2001.

Eugenio Neira García

Alcalde