Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

EDICTO sobre aprobación definitiva do Plan parcial Cooperativa de Viviendas Virgen del Carmen-70 Promoción.

Aprobado na sesión plenaria do día 4 de maio de 2001, con carácter definitivo, o Plan parcial Cooperativa de Viviendas Virgen del Carmen-70 Promoción, situación A Granxa do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ares, logo de informe preceptivo e vinculante emitido en sentido favorable polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 21 de febreiro de 1996, de conformidade co disposto no artigo 48, parágrafo 2 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en relación co 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, na redacción dada pola Lei 39/1994, do 30 de decembro, procédese á publicación da dita aprobación.

Contra o presente acordo poderá interporse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da presente publicación (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa) perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ferrol ou diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo (segundo a distribución competencial establecida polos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa), advertíndolle de que tamén poderá utilizar calquera outro recurso que estime pertinente e exerce-las accións que procedan perante a xurisdicción competente.

Ares, 21 de setembro de 2001.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde