Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.754

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Acordo do 30 de outubro de 2001, polo que se anuncia concurso con procedemento aberto tramitación urxente, para a contratación do servicio de prestación de asistencia sanitaria dos funcionarios municipais en activo non integrados na Seguridade Social.

Tipo de licitación: 6.732.000 pesetas, IVE incluído.

Fianzas: definitiva por importe do 4% do tipo.

Prazo de execución: un ano.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, de 9 a 13.30 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP.

Apertura de plicas: na casa do concello ás 13.30 horas do terceiro día hábil posterior ó de remate do prazo de presentación (agás sábados).

Información: no Servicio de Contratación na secretaría do concello, teléfono: 986 77 00 38 e fax: 986 77 12 77.

Criterios de adxudicación: os indicados na cláusula 9ª do prego.

Gastos: por conta do adxudicatario, estipulados na cláusula 19ª.

Poio, 6 de novembro de 2001.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde