Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVICIOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2001 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a adxudicación dos contratos de consultoría e asistencia que se citan. (Clave AT/116 e tres máis).

A) Consultoría e asistencia.

Título: redacción do proxecto de ampliación e mellora dos bombeos e impulsións de Arteixo, Bens e Sabón (concello de Arteixo).

Clave: AT/116.

Orzamento: setenta e tres mil oito euros e sesenta e catro céntimos (73.008,64 euros), equivalentes a

doce millóns cento corenta e sete mil seiscentas dezaseis (12.147.616) pesetas.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Solvencia: as empresas consultoras deberán acredita-lo recollido nos artigos 16, letra a), e 19, letras a), b) e e) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Fianza provisional: non se esixe.

Título: redacción do proxecto de ampliación e mellora dos bombeos do Temple e Ponte de Cela e novas impulsións (concello de Cambre).

Clave: AT/117.

Orzamento: trinta e un mil douscentos un euros e noventa e oito céntimos (31.201,98 euros), equivalentes a cinco millóns cento noventa e unha mil cincocentas setenta e tres (5.191.573) pesetas.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Solvencia: as empresas consultoras deberán acredita-lo recollido nos artigos 16, letra a), e 19, letras a), b) e e) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Fianza provisional: non se esixe.

Título: redacción do proxecto de ampliación e mellora dos bombeos e impulsións de Acea da Ma e O Portádego (concello de Culleredo).

Clave: AT/118.

Orzamento: corenta mil trescentos corenta e oito euros e vintenove céntimos (40.348,29 euros), equivalentes a seis millóns setecentas trece mil trescentas noventa e unha (6.713.391) pesetas.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Solvencia: as empresas consultoras deberán acredita-lo recollido nos artigos 16, letra a), e 19, letras a), b) e e) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Fianza provisional: non se esixe.

Título: redacción do proxecto de ampliación e mellora dos bombeos e impulsións de Bastiagueiro, Santa Cruz e O Pasaxe (concello de Oleiros).

Clave: AT/119.

Orzamento: cincuenta e un mil douscentos setenta e nove euros e trinta e tres céntimos (51.279,33 euros), equivalentes a oito millóns cincocentas trinta e dúas mil cento sesenta e tres (8.532.163) pesetas.

Prazo de execución: catro (4) meses.

Solvencia: as empresas consultoras deberán acredita-lo recollido nos artigos 16, letra a), e 19, letras a), b) e e) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de bases, estarán de manifesto e a dispor dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Avenida Rodríguez de Viguri nº 47, baixo B, Santiago de Compostela (teléfonos 981 56 09 10-981 56 09 11, fax 981 56 07 91).

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos de cláusulas administrativas particulares relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http:/www.xunta.es/contratación.

C) Garantías que se esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na alínea A) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó catro por cento (4%) do orzamento de licitación.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar de presentación das proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Decreto 3410/1975, do 25 de novembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo día que non coincida en sábado, domingo ou festivo seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Admisión de variantes.

Admítese a presentación dunha variante de acordo co indicado na cláusula 2.1.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

G) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da empresa pública de Obras e Servicios Hidráulicos ás dez horas do décimo quinto día que non coincida en sábado, domingo ou festivo contado a partir do último día de presentación de proposicións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1) segundo se especifica na cláusula 2.2.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

H) Documentos que deben presenta-los concursantes.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente da empresa pública de Obras

e Servicios Hidráulicos