Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2001 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da adquisición de ordenadores persoais con destino ó Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable. (Expediente 28/2001).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), rúa Ramón Piñeiro, nº 27, 15702, Santiago de Compostela.

b) Número de expediente: 28/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Contratación da adquisición de ordenadores persoais con destino ó CIXTEC.

b) Prazo de entrega: o prazo de entrega será 15 días contados desde o outorgamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento:aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Setenta e dous mil centro vinteún con corenta e cinco euros (72.121,45 A) IVE incluído, equivalente a doce millóns de pesetas (12.000.000 de pesetas) IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 1.442,43 A equivalente a 240.000 ptas.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación de documentación: o prazo de presentación da documentación rematará ás 14 horas do oitavo día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificante da data de imposición do envío na oficina de correos.

8. Apertura das ofertas.

En acto público ás 13 horas do cuarto día hábil seguinte, que non coincida en sábado, ó de finalización do prazo de presentación das proposicións. No Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2001.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable