Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Xoves, 15 de novembro de 2001 Páx. 14.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2001 pola que se anuncia a terceira prórroga no prazo da convocatoria pública para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións administrativas de ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nas futuras instalacións para a náutica recreativa do porto de Meloxo (O Grove-Pontevedra).

De conformidade co establecido na lexislación vixente en materia de portos, e en virtude das facultades conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 (DOG nº 28, do 8 de febreiro), sobre delegación de competencias no presidente de Portos de Galicia, anúnciase a terceira prórroga no prazo da convocatoria pública para a presentación de solicitudes de outorgamento de concesións administrativas para ocupación e utilización exclusiva de prazas de atraque nas futuras instalacións para a náutica recreativa no porto de Meloxo, que se rexerá polo prego de bases e de condicións aprobados para os efectos, que estarán á disposición dos interesados na sede central do ente público Portos de Galicia, sita na praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, e na sede da zona sur deste ente público, sita na rúa Benito Corbal, 37-3º, 36001 Pontevedra.

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de novembro de 2001.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral de Portos de Galicia, nas sedes deste ente público sitas nos enderezos antes mencionados.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia