Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T.S., C.T. Santa Rita, 29.
Situación: O Barco de Valdeorras.
Características técnicas: liña subterránea a 15 kV de 21 m en conductor R.H.Z.1 12/20 kV, con orixe na L.M.T.S. ó C.T. Ramón y Cajal 2 e remata na L.M.T.S. ó C.T. avda. Industrial logo de alimenta-lo C.T. tipo interior no baixo do edificio nº 29 da r/ Santa Rita, con 400 kVA, R/T 15.000/380-220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 2 de outubro de 2001.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense