Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Quintas, Roma Pista e San Benito.
Situación: Barbadás.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV en conductor R.H.V. 12/20, de 70 m con orixe no C.T. existe Roma-Piñor e remata no C.T. prefabricado Pazos-Piñor, de 250 kVA, R/T 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión aéreas e subterráneas derivadas do C.T.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 2 de outubro de 2001.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense