Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decre
to 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Outerio-Prado.
Situación: Concello de Lalín.
Características técnicas: L.M.T., aérea, de 490 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio s/n da L.M.T. ó C.T. Alto de Pena ata o C.T. que se proxecta en Outeiro-Prado, no concello de Lalín. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 78 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 19 de setembro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra