Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. universidade-Marcosende.
Situación: Concello de Vigo.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 1.550 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde a L.M.T. Escola Enxeñeiros ata o novo C.T. Escola de industriais, no campus universitario, en Marcosende, no concello de Vigo.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 2 de outubro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra