Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: recuamento polígono industrial de Cuntis.
Situación: Concello de Cuntis.
Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 455 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde o apoio nº 32 da L.M.T. Vea-Cuntis na súa
derivación ó C.T. aserradoiro estacas ata o apoio nº 3 proxectado. A instalación está situada no polígono industrial de Cuntis, no concello de Cuntis.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 2 de outubro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra