Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILASANTAR

ANUNCIO.

No BOP da Coruña, número 208 do 10 de setembro de 2001, publícanse as bases específicas da convocatoria para cubrir unha praza en propiedade, pertencente á escala de auxiliar administrativa da administración xeral grupo D, mediante concurso oposición promoción interna.

Por medio do presente anuncio ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será durante trinta días naturais contados a partir do seguinte ó da insercción deste anuncio no BOE.

Tódolos demais anuncios referentes a relacións de admitidos e excluídos, tribunal cualificador e determinación do día de comezo das probas publicaranse no BOP.

Vilasantar, 10 de outubro de 2001.

O alcalde

Rubricado