Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO de concurso restrinxido.

1. Obxecto do contrato: a execución das obras de terminación e remate da remodelación da casa do concello.

2. Prazo do contrato: nove meses.

3. Prezo do contrato: 181.736.387 pesetas.

4. Garantías provisional e definitiva: a garantía provisional para participar no concurso será de 3. 634.728 pesetas.

O adxudicatario virá obrigado a prestar unha garantía definitiva do 4% do importe da adxudicación.

5. Obtención de documentación e información: no departamento de Contratación do concello (nas dependencias provisionais do antigo Colexio do Ramal, na avenida Rosalía de Castro), ata o mesmo día do remate do prazo de presentación das solicitudes de participación.

6. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo C, subgrupos 4-Cat. D; 6-Cat. D; 8-Cat. D; 9-Cat. D; grupo I: subgrupo: 9-Cat. C e grupo J: subgrupo 1-Cat. A, e cumpri-las condicións fixadas na cláusula X do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación das solicitudes de participación: presentaranse no rexistro de licitadores, en man, das 9.30 ás 13.30 horas, no prazo máximo de dez días naturais a partir do seguinte ó da publicación do último dos anuncios de licitación no BOP ou DOG, e deberán xunta-la documentación prevista na cláusula XII, 12.2º.

8. Presentación das ofertas: presentaranse no prazo máximo de quinde días naturais, contados desde o seguinte ó da invitación escrita, conforme o modelo de proposicións que figura na cláusula XXVI do prego, no rexistro de licitadores do concello, das 9.30 ás 13.30 horas.

Vilagarcía de Arousa, 31 de outubro de 2001.

Joaquín J. Gago López

Alcalde