Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

ANUNCIO de nomeamento.

Por medio deste anuncio e para xeral coñecemento, faise público que a alcaldía-presidencia deste concello, con data 26 de setembro de 2001, dictou resolución na que se acordou:

Resolve-lo concurso-oposición libre para a provisión da praza de técnico de Administración xeral, adscrita á área de regulación económica, de acordo coa proposta efectuada polo tribunal avaliador, e en consecuencia, nomar a José Domingo Rodríguez Ferreira con DNI número 76361796-W, como funcionario de carreira titular en propiedade da praza de técnico de Administración xeral do Concello de Vimianzo, adscrita á área de regulación económica, incluída no seu cadro de persoal, coas seguintes características: funcionario de carreira (grupo de clasificación A, segundo o artigo 25 da Lei 30/1984; petencente a escala de Administración xeral, subescala técnica, denominación técnico de Administración xeral, adscrito á área de regulación económica.

O anuncio completo publicarase no BOP, data desde a que comezarán a computarse, para os efectos oportunos, os distintos prazos.

Vimianzo, 8 de outubro de 2001.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde