Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2001, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), pola que se anuncia o concurso público 4/2001 (lote único), por procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do servicio de limpeza no centro de saúde e punto de atención continuada de Pontedeume, dependentes desta xerencia.

A Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), en virtude das atri-

bucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento: servicio de limpeza no centro de saúde e punto de atención continuada de Pontedeume.

Importe: 7.200.000 de pesetas/ano (43.272,87 euros/ano).

No dito importe inclúese o IVE

Prazo de vixencia: 1 ano (12 mensualidades) desde a data de entrada en vigor do contrato.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode solicitarse na Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, departamento de subministracións, polígono da Gándara, parcela 35, 15407 Ferrol, en días laborables das 9 ás 14 horas.

Fianzas.

a) Provisional: o 2% do importe de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Definitiva: o 4% do importe de adxudicación.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia técnica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia económica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro Xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Centro de Saúde Fontenla Maristany), praza de España 19-20, 5ª planta, Ferrol, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares. Se ese coincide en festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas

do centro de saúde Fontenla Maristany de Ferrol, ás 10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentos que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a adxudicación será realizada tendo en conta os seguintes criterios:

1º Oferta técnica: ata 75 puntos.

2º Prezo: ata 25 puntos.

Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Ferrol, 2 de outubro de 2001.

Luís Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol