Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do expediente de contratación C.P. 23/2001.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, a Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no punto i) do artigo 7 da Orde do 23 de marzo de 2000, pola que se modifica a do 21 de abril de 1998, sobre delegacións de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n (27004) Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións. Teléfono: 982 29 65 92. Fax: 982 21 29 24.

c) Número do expediente: C.P. 23/2001.

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: subministración de cinco desfibriladores, un equipo de anestesia, dous videocolonoscopios e un videogastroscopio pediátrico.

c) Lotes:

Lote nº 1.-Subministración de cinco desfibriladores.

Lote nº 2.-Subministración dun equipo de anestesia.

Lote nº 3.-Subministración de dous videocolonoscopios e un videogastroscopio pediátrico.

d) Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: DOG nº 135, do 12 de xullo de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Lote nº 1.-Catro millóns cincocentas mil pesetas (4.500.000 pesetas) IVE incluído (27.045,54 euros).

Lote nº2.-Catro millóns de pesetas (4.000.000 de pesetas) IVE incluído (24.040,48 euros).

Lote nº 3.-Sete millóns oitocentas mil pesetas (7.800.000 pesetas) IVE incluído (46.878,94 euros).

5. Adxudicación:

Lote nº 1.

a) Data: 13 de agosto de 2001.

b) Contratista: Physio Control Netherlands Services, B.V.

c) Importe da adxudicación:

Catro millóns duascentas cincuenta mil pesetas (4.250.000 pesetas) IVE incluído (25.453,01 euros).

Lote nº 2.

a) Data: 4 de setembro de 2001.

b) Contratista: Datex Ohmeda, S.L.

c) Importe da adxudicación: .

Catro millóns de pesetas (4.000.000 de pesetas) IVE incluído (24.040,48 euros).

Lote nº 3.

a) Data: 13 de agosto de 2001.

b) Contratista: Medical Europa, S.A.

c) Importe da adxudicación: .

Sete millóns oitocentas mil pesetas (7.800.000 pesetas) IVE incluído (46.878,94 euros).

Lugo, 8 de outubro de 2001.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo