Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2001 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

1. Substitución de redes de abastecemento en Oímbra e colector de saneamento no Rosal. (Oímbra-Ourense).

Adxudicatario: Proyecon Galicia, S.A.

Orzamento: 39.885.000 pesetas.

2. Saneamento en Pazos. (Padrón-A Coruña).

Adxudicatario: C.R.C. Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 64.970.099 pesetas.

3. Colector xeral de Chancelas. (Poio-Pontevedra).

Adxudicatario: Movex Vial, S.L.

Orzamento: 52.930.000 pesetas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2001.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia