Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/260-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Monte do Carrio.

Situación: Lalín.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 1.371 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos, desde o apoio nº 175 da L.M.T. existente Agolada, ata o C.T. que se proxecta en Monte do Carrio, concello de Lalín. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 7 de novembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra