Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 29 de outubro de 2001 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave N/PO/89.17 e N/PO/90.1.

Advertidos erros na resolución citada anteriormente, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 215, con data do 7 deste mes, páxina 14.369, é necesario face-las oportunas correccións:

Na páxina 14.369, na columna da esquerda, onde dí: «Orzamento: nove millóns cento seis mil (9.106.000) pesetas, equivalentes a 354.728,16 euros», debe dicir: «Orzamento: nove millóns cento seis mil (9.106.000) pesetas, equivalentes a 54.728,16 euros».

Na páxina 14.370, na columna da esquerda, onde di: «Esixirase unha garantía equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación», debe dicir: «Esixirase unha garantía equivalente ó 4% do orzamento de contrata».

Na páxina 14.370, na columna da esquerda, onde di: «Dentro do contrato está incluído o pagamento dos anuncios de convocatoria dos levantamentos de actos en dous xornais, BOP e BOE, que correspondan

legalmente, segundo se especifica no punto 10 do prego de prescricións técnicas particulares», debe dicir: «Dentro do contrato está incluído o pagamento dos anuncios de convocatoria dos levantamentos de actos en dous xornais, BOP e BOE, que correspondan legalmente, segundo se especifica no punto 8 do prego de prescricións técnicas particulares».