Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2001, da Subdirección Xeral de Estradas, sobre información pública do proxecto de trazado e do estudio de impacto ambiental da variante de Marín, treito de conexión da A-9 coa estrada de Figueirido, clave: N/PO/91.10.1.

Aprobado tecnicamente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, do 17 de setembro de 2001, o proxecto de trazado da variante de Marín. Treito: conexión

A-9 coa estrada de Figueirido. Clave: N/PO/91.10.1, sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para o fin de que as persoas que o estimen oportuno poidan formular por escrito ante o Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinalándose que o citado proxecto de trazado se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas, no Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra e nos concellos afectados.

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública o estudio de impacto ambiental contido no proxecto de trazado durante o período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 1/1995, de 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, e na Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental; estando a exposición ó público para este efecto no Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, na Dirección Xeral de Obras Públicas, na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra e nos concellos afectados (Pontevedra e Marín).

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2001.

Gerardo Pallares Sánchez

Subdirector xeral de Estradas