Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública o expediente de modificación (ampliación de tráficos) das concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0497; XG-031, Carballedo-Vigo, V-0580; XG-038, Castelo de Soutomaior-Vigo, ou da que resulte pola súa unificación no expediente de substitución actualmente en trámite.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu Regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos), coa finalidade de efectuar tráficos en expedicións, que circularán polas seguintes rutas:

* Redondela-A Pena-Requeixo-Puxeiros-Hospital do Meixoeiro-CUVI.

* A Pena-Peinador-O Galleiro-Santo Estevo de Negros-Redondela.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra (estación de autobuses), efectua-las alegacións que estimen oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes