Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 14 de novembro de 2001 Páx. 14.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/306-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. Arteixo 171, 15007 A Coruña.

Denominación: ampliación potencia subestación O Areeiro-Nespereira.

Situación: Pazos de Borbén.

Características técnicas: ampliación potencia da subestación do Areeiro-Nespereira (expediente 1994/1993), no concello de Pazos de Borbén, cunha nova máquina 220/132 kV de 200 MVA (que substitúe unha máquina anterior de 100 MVA) e tres transformadores de intensidade a 220 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 11 de setembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra