Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

O Concello de Sarria, de conformidade co acordado pola Comisión de Goberno en sesión ordinaria celebrada o 6 de novembro de 2001, convoca a seguinte licitación, a cal se suspendería no suposto de se presentaren reclamacións contra os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas aprobadas na dita sesión.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Sarria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: adaptación das vixentes normas subsidiarias de planeamento municipal á Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, a redacción do Plan Seral de Ordenación Municipal do concello de Sarria e a elaboración de cartografía dixital.

b) Prazo de execución: dezasete meses (17).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 30.980.384 pesetas (186.196 euros). Inclúese o IVE correspondente.

5. Garantías.

Provisional: 619.608 pesetas (3.723,92 euros).

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Clasificación do contratista.

Non será requisito esixible.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Sarria.

b) Domicilio: rúa Maior, 14.

c) Localidade e código postal: 27600 Sarria.

d) Teléfono: 982 53 50 00.

e) Fax: 982 53 09 16.

8. Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de proposicións: oito (8) días naturais, contados a partir do día seguinte ó da última publicación da licitación no BOP de Lugo ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que integrará as ofertas: a especificada nos pregos de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Sarria; rúa Maior, 14; 27600 Sarria.

10. Apertura das ofertas: o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións (agás que coincidise en sábado), ás once horas, na casa do concello; rúa Maior, 14.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Sarria, 6 de novembro de 2001.

O alcalde

Rubricado