Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares da obra de execución de piscina municipal e acondicionamento das instalacións deportivas anexas, exponse a información pública polo prazo de 8 días para efectos de reclamacións. Así mesmo, anúnciase a convocatoria de concurso para a contratación das devanditas obras.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Sanxenxo.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: execución de piscina municipal e acondicionamento das instalacións deportivas anexas.

b) Lugar de execución: Baltar-Portonovo (Sanxenxo).

c) Prazo de execución: 9 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 510.450.431 pesetas.

5. Garantías.

Provisoria: 10.209.009 pesetas.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Sección de Obras Municipais do Concello de Sanxenxo-rúa Consistorio, 4-6 36960 Sanxenxo (Pontevedra). Teléfono 986 72 00 75-76. Fax 986 72 10 22.

Data límite para solicitar documentos e información: o día en que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría E.

b) Outros: acreditar solvencia económica e técnica.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: a que resulte de contar 26 días naturais desde o seguinte á última publicación deste anuncio, sexa no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a descrita no respectivo prego de condicións económico administrativas.

c) Lugar de presentación: Concello de Sanxenxo (ver punto 6).

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade e domicilio: ver punto 6.

b) Data: no sexto día hábil contado desde o seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

Criterios de adxudicación: cláusula 26.6º do prego respectivo.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Sanxenxo, 31 de outubro de 2001.

Telmo Martín González

Alcalde