Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de licitación.

En cumprimento da resolución da Alcaldía de data 7-11-2001 e do disposto nos artigos 78 do R.D.L. 2/2000, do 16 de xuño, do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte contrato de consultoría e asistencia.

1. Obxecto: redacción do Plan especial de protección e reforma interior da zona antiga de Ribadeo.

2. Tramitación: urxente.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: concurso.

5. Prezo e financiamento: quince millóns de pesetas (15.000.000 de pesetas) IVE incluído, equivalente a noventa mil cento cincuenta e un euros con oitenta e dous céntimos (90.151,82 euros) con cargo á partida orzamentaria 2001/432/627.

6. Prazo de execución: segundo programación do prego de prescricións técnicas.

7. Fianza provisional: excluída.

8. Fianza definitiva: 4% do importe da adxudicación.

9. Clasificación: como empresa consultora, grupo 1, subgrupo 1, categoría a), non imprescindible.

10. Presentación de ofertas: durante os 8 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, cos requisitos do artigo 8 do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello ou remitidoas por correo, comunicándoo neste caso mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares está á disposición de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo, praza de España nº 1, 27700 Ribadeo-Lugo, teléfono 982 12 86 50, fax 982 13 09 75, horario de atención ó publico de 9 a 14 horas de luns a venres.

11. Modelo de proposición: «Don..., maior de idade, veciño de..., con domicilio en... e con DNI nº..., actuando en nome propio (ou en representación de... o que acredita con poder acreditado para o efecto) informado do concurso aberto tramitado por ese concello para a adxudicación do contrato de asistencia e consultoría, consistente na redacción do Plan especial de protección e reforma interior da zona antiga de Ribadeo.

Manifesta: que, informado e conforme cos pregos de condicións económico-administrativas particulares e prego de prescricións técnicas que rexerán este, se compromete a executa-lo contrato polo prezo de... (en letra e número) IVE incluído, nas condicións e cos méritos da memoria adxunta (cláusula 8.2).»

12. Apertura de proposicións: realizaraa a mesa de contratación en acto público, segundo a cláusula 11 do prego, dentro dos 10 días seguintes ó de remate da presentación de ofertas e convocatoria previa ós licitadores.

Ribadeo, 7 de novembro de 2001.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde