Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.660

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

POXA das obras de construcción de pantalán e acondicionamento do contorno no encoro de Santo Estevo.

No BOP de Orense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións, para contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 13º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32 ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Obras: construcción de pantalán e acondicionamento do contorno no encoro de Santo Estevo (Nogueira de Ramuín), con orzamento de 44.292.580 pesetas e prazo de execución de 12 meses. Clasificación esixida: F.7.c.

Ourense, 7 de novembro de 2001.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense