Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARREIROS

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do 11 de outubro de 2001 acordouse:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan parcial do parque empresarial promovido por Xestur-Lugo nunha superficie de forma triangular localizada na zona da Espiñeira, definida polas estradas N-642 e N-634 e estrada da Espiñeira, e cunha superficie de 131.947 m.

Segundo.-Sometelo a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia e no xornal El Progreso, de Lugo; durante o dito período, que comezará a contarse desde o día seguinte ó da inserción do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará o expediente na secretaría do concello á disposición de calquera que queira examinalo e formula-las alegacións pertinentes, notificándose individualmente ós afectados, propietarios de terreos incluídos no ámbito do plan parcial.

Terceiro.-Declara-la suspensión do procedemento de outorgamento de licencias de parcelación, edificación e demolición no ámbito territorial do plan parcial, por canto as novas determinacións supoñen modificación do réxime urbanístico vixente; a dita suspensión extinguirase polo transcurso do prazo dun ano e, en calquera caso, coa aprobación definitiva do plan.

Barreiros, 11 de outubro de 2001.

O alcalde

Rubricado