Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO sobre trámite de información pública.

Consonte o establecido nos artigos 42 e concordantes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de

Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes respecto do seguinte asunto:

Modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento no núcleo urbano de San Cibrao (avda. da Veiga).

Rematada a fase de elaboración desta modificación puntual do planeamento, logo do pertinente informe previo da consellería competente en materia de urbanismo, o Concello Pleno de Cervo aprobou inicialmente a dita modificación puntual.

Consonte o ordenamento xurídico ábrese un período de información pública polo prazo dun mes contado desde a publicación deste anuncio no DOG.

Cervo, 24 de outubro de 2001.

José Insua Pernas

Alcalde