Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión do 25 de abril de 2000, o documento denominado Plan parcial reformado As Pateiras e unha vez exposto ó público este en forma e tempo regulamentario, despois de emitido pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o preceptivo informe en sentido favorable á aprobación do dito documento, pero no que se incluían tres observacións que deberían ser tidas en conta, a promotora elaborou un texto refundido do Plan parcial As Pateiras, no que se dá cumprimento ás ditas observacións, e o Concello Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de setembro de 2001, acordou ratificar en tódolos seus extremos o acordo da Comisión de Goberno do 13 de marzo de 2001 e, consecuentemente, aprobar definitivamente o documento denominado texto refun

dido do Plan parcial do sector de solo urbanizable S.07 das Pateiras.

Contra este acordo que pon fin á vía administrativa cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP, ou no DOG, sen prexuízo da interposición de calquera outro que estime procedente.

O que se fai público de acordo co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ames, 30 de outubro de 2001.

José Astray Lorenzo

Alcalde