Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 3 de outubro de 2001, da Área Provincial de Pontevedra, de notificación de resolución de arquivo dictada en relación co expediente 36-T-0306/1998, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) intentada a notificación persoal no domicilio do interesado sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, a resolución do delegado provincial da CPTOPV, pola que se acorda o arquivo das actuacións sen máis trámite.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da citada lei, transcríbese o texto íntegro da dita resolución.

«Transcorrido o prazo de dez días concedido, en cumprimento do previsto no artigo 72.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999,

do 13 de xaneiro, por oficio nº 5142, de data 9-5-2001, para a presentación de documentación (non acredita-la obtención do préstamo cualificado de conformidade co establecido na alínea a) do artigo 15 do Real decreto 2190/1995, do 28 de decembro), notifícaselle que, ante o seu incumprimento, procédese ó arquivo da subvención persoal amparada no expediente de referencia.

Contra a citada resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, conforme establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992.

Pontevedra, 3 de outubro de 2001.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36-T-0306/1998.

Interesada: Mª Jesús Sarandeses Rivas.

Último enderezo coñecido: r/ General Franco, nº 30-1º B, Sabaris (Baiona).

Intentos de notificación persoal: o 6-7-2001 ás 11.50 h e o 9-7-2001 ás 12.05 h.