Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Martes, 13 de novembro de 2001 Páx. 14.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2001 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

1. Colectores xerais e EDAR de Bretoña. (A Pastoriza, Lugo).

Adxudicatario: Extraco, Construccións e Proxectos, S.A. e Asteisa, Tratamiento de Aguas, S.A. (UTE).

Orzamento: 107.978.293 pesetas.

2. Captación de minas de Zamar e reforzamento da rede de abastecemento da Guarda. (A Guarda, Pontevedra).

Adxudicatario: Obras y Conducciones Hidráulicas, S.L.

Orzamento: 17.899.972 pesetas.

3. Abastecemento de auga a Matelo e outros-Randufe. (Tui, Pontevedra).

Adxudicatario: C.R.C. Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 51.610.994 pesetas.

4. Complementario número dous da reforma da actualización da prolongación do acondicionamento do río Pontiñas desde a N-525 ó parque industrial de Lalín. (Lalín, Pontevedra).

Adxudicatario: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

Orzamento: 100.387.821 pesetas.

5. Nova captación e bombeo para abastecemento de augas a Lalín, no río Asneiro. (Lalín, Pontevedra).

Adxudicatario: Movex Vial, S.L.

Orzamento: 178.905.000 pesetas.

6. Acondicionamento e mellora da EDAR e marxe esquerda do río Miño en Barral. (Castrelo de Miño, Ourense).

Adxudicatario: Proyecon Galicia, S.A.

Orzamento: 45.885.000 pesetas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2001.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

de Augas de Galicia